MAGOSTO 2022
MAGOSTO 2022

MAGOSTO 2022

MAGOSTO 2022

Achégase novembro e o Centro Galego de Vitoria-Gasteiz xa comezou os preparativos para o Magosto 2022. Do mesmo xeito que puidemos gozar o ano pasado, iremos ao merendeiro de Estíbaliz para gozar dun día marabilloso.

Celebrarase o sábado 12 de novembro, arredor das 13.00 horas. Para a comodidade de todos, está dispoñible un autobús, que sae do aparcadoiro Julián Arrese. O servizo de autobús cobrarase no momento da reserva, por un valor de 5€.

Desfrutaremos de empanada, chourizo e touciño asado, castañas, bica e queimada, todo amenizado polas dúas agrupacións do Centro Gallego: Arte Galega e a Coral Aturuxo.

Os prezos deste ano para socios son: 20€ adultos e 12€ nenos. Por outra banda, se non es socio e queres animarte a pasar un gran día, os prezos son: 25€ adultos e 15€ nenos. O aforo é limitado, así que achégate e inscríbete antes do 7 de novembro nas nosas oficinas, abertas de luns a venres de 18:00 h. ás 19:30 h.

ANIMAR!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *