LETRAS GALEGAS 2023
LETRAS GALEGAS 2023

LETRAS GALEGAS 2023

LETRAS GALEGAS 2023

O 17 de maio celébrase a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega que chega á súa 60 edición homenaxeando ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Por iso o Centro Galego de Vitoria-Gasteiz celébrao esa mesma fin de semana.

O venres 19 de maio comezamos ás 18:00h cunha conferencia sobre a vida e obra de Francisco Fernández de Riego. Ademais, poderemos gozar de dúas actuacións: a do grupo de acordeóns “Lagunak” e a do noso “Coro Aturuxo”. Despois destas dúas actuacións, ás 19.30h, haberá un recital poético con Pilar Corcuera e Ángel Serna. Todo terá lugar no noso salón de actos, por suposto aberto a todos os socios e non socios.

Seguimos coa celebración, e o sábado 20 de maio celebramos ao grande. Comezamos pola mañá cun concurso de debuxo infantil no noso Centro Galego, ás 11:00h. Arredor das 12:30h haberá gaita-poteo nos bares do centro, vermú diferente e moita música grazas aos nosos músicos de “Arte Galega”. Pola tarde temos tres actuacións. Ás 18:30h comeza o grupo anfitrión, “Arte Galega”. Despois deles o primeiro grupo convidado, “Algara Dantza Taldea”. E por último, o segundo grupo convidado, pero nesta ocasión proceden da Coruña, “A Mámoa de Luou” de Teo. Para rematar este sábado cargado de música, alegría e baile poderemos gozar do concerto de “Os Campantes de Baña” da Coruña.

Para rematar a marabillosa fin de semana que nos agarda, o domingo 21 de maio ás 12:00h agardámosvos no centro para xogar xuntos, pequenos e maiores, a xogos tradicionais como o “Chave” ou a “Sokatira”.

Pasarémolo xenial, ESPERAMOSVOS!

Máis información nas nosas Redes Sociais, na oficina do centro de luns a venres no seu horario habitual ou chamando ao 945 27 98 01.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *