ENTROIDO 2023
O Centro Galego de Vitoria-Gasteiz xa comezou os preparativos para o Entroido 2023. Este ano celebrarase a terceira fin de semana de febreiro, os días 18 e 19. Disfrutaremos destes entroidos disfrazados de noivos, non podedes perder este gran baile de voda e o gozo constante.
Os prezos deste ano para socios son: adulto 35€ e neno 32€. Por outra banda, se non es socio e non queres perderte estes entroidos co Centro Galego, os prezos son: adultos 40€ e nenos 37€. Ademais, existe a opción de realizar un obradoiro de personalización dunha parte do disfraz por só 5€, que deberán aboarse no momento do pago do disfraz.
Non o penses e achégate a apuntarte ás nosas oficinas do Centro Galego, de luns a venres de 18:00 h. ás 19:30 h.
ANIMAR!!