Centro Galego Vitoria
CORO ATURUXO

CORO ATURUXO

CORO ATURUXO

Este grupo deuse a coñecer coa súa primeira actuación o 26 de maio de 2001, coincidindo co Día das Letras Galegas, a coral denominada Aturuxo, formada por doce voces. O seu labor é difundir a música tradicional galega entre outras, ofrecendo a oportunidade de ensinar a todas as persoas interesadas que desexen incorporarse ao grupo.

Ademais das accións para o Centro e os seus socios, tamén participa desinteresadamente alí onde se lle solicite a súa colaboración.

A dirección do coro Aturuxo pasou por tres etapas diferentes, a primeira dirixida por Mª José González, a segunda dirixida por Montse Peña e a terceira dirixida por Maite Gutiérrez. Víctor Gutiérrez, acordeonista, membro do grupo celta Sokaire e director do quinteto de acordeóns Lagunak, lidera na actualidade este grupo mixto de 22 voces.

Máis información no Blog del Coro Aturuxo.