Centro Galego Vitoria
NADAL 2020

NADAL 2020

Festa de Nadal 2020

Nas vacacións de Nadal do ano pasado puidemos gozar da visita do Olentzero con Maridomingi e os Reis Magos, previas ás esperadas visitas, realizamos cos máis pequenos uns obradoiros de decoración de Nadal.

Posteriormente, os nenos aproveitaron para entregar as súas cartas tanto a Olentzero como a Maridomingo así como aos Reis Magos, que foron correspondidos con diferentes agasallos, entre eles as camisetas dos futbolistas galegos que militan no Deportivo Alavés.