Centro Galego Vitoria
Entroido 2022

Entroido 2022

ENTROIDO 2022

Este ano o Centro Galego de Vitoria-Gasteiz participou como todos os anos no desfile de carrozas da cidade. Disfrazámonos de homes e mulleres venecians, con máscaras feitas a man. Elas con saias longas e eles con capa, todo moi bonito.

Bailamos ao ritmo de Tanxugueiras co éxito “Terra” ou con Thalía “Mujer Latina” entre outros. Iso si, precedíanos unha marabillosa carroza feita por varios dos comparseiros.

Eramos uns cen comparseiros e comparseiras que o pasamos moi ben, o ano que ven seguro que seremos máis e aínda o pasaremos mellor.