LETRAS GALEGAS 2022
Como todos sabemos, o Día das Letras Galegas é o 17 de maio, este ano o Centro Galego de Vitoria-Gasteiz celébrao os días 20, 21 e 22 de maio. Convidamos a todos os socios e non socios a celebrar connosco esta celebración.
Comezamos a fin de semana das Letras Galegas o venres 20 de maio cos máis pequenos do centro. Ás seis da tarde comeza nas nosas instalacións o concurso infantil de debuxo co tema “Galicia”. Tras este gran concurso, o gaiteiro “Ramalleira” actuará ás 19:30 horas en colaboración cos gaiteiros do noso grupo “Arte Galega”. Presenta o seu novo disco, e temos o auditorio para completar o aforo deste gran concerto. A entrada é gratuíta e ata completar aforo.
Seguimos coa celebración o sábado 21 de maio. Nesta ocasión comezamos dende a mañá con “GAITA-POTEO” ás 12:00h nos bares da zona de Lakua-Arriaga. Pola tarde, o noso grupo do Centro “Arte Galega” actuará ás 18:30 horas seguido da actuación do grupo “Os Fillos de Breogán” do Centro Gallego de Pamplona ás 19:00 horas. Despois desta hora de música e baile tradicional a cargo do noso grupo e do grupo convidado, o venres entregaranse os premios do concurso de debuxo aos pequenos participantes. Para rematar o día marabilloso e seguir desfrutándoo, ás 20:00 horas terá lugar o concerto de “Faíscas da Pontagra”, presentando o seu novo disco “Longarela”.
Para rematar a fin de semana das Letras Galegas, o domingo 22 de maio ás 13:00 h. actuarán o Coro “Aturuxo” e Ochote “Ausartak”.
Por se fose pouco, seguimos celebrando as Letras Galegas a seguinte fin de semana. O sábado 28 de maio teremos unha comida popular con foliada ás 14:00 horas. O domingo 29 de maio os máis pequenos volvemos ser os protagonistas, ás 11:30 horas teremos un contacontos infantil. Para concluír a celebración das Letras Galegas no Centro Galego de Vitoria-Gasteiz, terá lugar un recital de poesía musical sobre Rosalía de Castro e Xela Arías a cargo de Ángela Serna e Pilar Corcuera.
Animámosvos a todos e todas a participar en todas e cada unha das actividades programadas polo noso Centro Galego. ESPERAMOS POR VOS!
Para máis información ou dúbida:
Chamar ao 945 27 98 01
Achégate á nosa oficina de luns a venres de 18:00 a 19:30 h.
Contáctanos a través das nosas Redes Sociais