Centro Galego Vitoria
APERTURA PORTA SANTA

APERTURA PORTA SANTA

APERTURA PORTA SANTA

O 25 de xullo de 2021 abriuse a Porta Santa en Vitoria-Gasteiz, ao igual que en Santiago de Compostela. O obispo de Vitoria, Juan Carlos Elizalde, fixo a coñecida apertura da porta santa na catedral vitoriana de Santa María.

Foi un acto ao que presenciaron todos os membros do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz, así como todos os representantes políticos. Entre esa representación figura a Secretaría Xeral de Emigración.

O coñecido grupo Arte Galega sintonizou todo o evento. En primeiro lugar, todo o grupo situado na porta da Catedral de Santa María tocou na inauguración e na entrada da catedral poñendo música na entrada de todos os peregrinos alí presentes. Unha vez comezada a misa, e ao longo dela, a Coral Aturuxo e o grupo Arte Galega mesturaron as súas voces e instrumentos para conmemorar a Santiago.

Os peregrinos coa súa respectiva cuncha de Santiago presenciaron a apertura da Porta Santa e depositaron as ofrendas na mesma dedicada a Santiago.