PECHE PORTA SANTA
O Xacobeo 21-22 chegou ao seu fin. Dous anos levan adicado á cultura galega: actuacións de grupos galegos, gastronomía galega coa Ruta Gastronómica Xacobea e a viaxe do noso grupo de Arte Galega a Santiago de Compostela. Un escenario santo que hai que pechar, e igual que na catedral de Santiago, aquí tamén “pechamos” a Porta Santa.
O 11 de decembro de 2022, na Catedral de Santa María, pechamos a Porta Santa ás 12:00 h. cunha masa posterior. Nesta harmonizaron a misa tanto a Coral Aturuxo como a agrupación Arte Galega. Despois da misa puidemos gozar dunha comida popular no noso Centro Galego con polbo, xamón asado e cachelos.
Non podía rematar de mellor maneira que cun concerto de Carlos Núñez na Catedral de Santa María. Ademais, os nosos gaiteiros tiveron o gran privilexio de poder tocar con el, un momento espectacular.